Pois non pasou nada.


RumoresPois non pasou nada. Resulta que neste verán uns cantos alcaldes e alcaldesas elixidos nas últimas eleccións decidiron que facer un papel figurante en celebracións relixiosas era unha cousa que non ía con eles. Que unha cousa era o cargo e outra a celebración relixiosa. Que non se vían diante dun santo (por moi importante que fose ese santo), pedíndolle a solución aos problemas do paro, da corrupción…

E quixeron que pasase algo. Polo cal os garantes das tradicións atacaron e dixeron que era unha falta de respecto aos valores, ás tradicións, á fe de moitos… e puxéronlles micrófonos aos bispos, deáns e párrocos diversos e resultou que eles contestaron desde o respecto e dixeron que ás celebracións relixiosas ía quen quería e que o importante é o respecto ao outro e non a figuración. Por unha vez, os xefes relixiosos póñense do lado dos “outros” e os garantes das tradicións quedaron a velas vir.

Eu non sei o que pensades as persoas que ledes isto, pero, polo que respecta a este rumoroso, dálle igual que un político se poña diante dun santo ou non. Eu non lles pido iso aos responsables do meu concello ou nación. O que si lles pido é que se van diante dun santo, que o fagan con humildade. Queda na miña retina a visión de Feijoo entrando no Panteón de Galegos Ilustres rodeado de gaiteiros (só faltaba o palio) o 25 de xullo.

Mentres escribo isto diante do meu ordenador e fago traballos diversos, estou escoitando música de Taizé. Recordo unha situación que vivín alí unha das veces que fun. Na oración da tardiña sentara ao meu lado un relixioso ortodoxo maior, barbudo, cheo de cruces e aneis dourados. Ao final preguntei quen era ese señor tan peculiar. Dixéronme que era o gran xefe da igrexa ortodoxa de Bulgaria (coido que este era o país). Unha especie de Rouco ou Blázquez dun país do leste. Alí estaba compartindo cantos, cheiro a pés, calor e espiritualidade coma calquera outro. Se entendésemos que na relixión os honores van para os últimos…, aí si que pasaría algo.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Rumores de Esperanza. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s