Existe Galicia?


Hai preguntas que poden parecer innecesarias. Podemos respondelo entoando o Alba de Gloria de Castelao polas rúas de Compostela, ou de sermos máis académicos, visitar a wikipedia, que nos dirá que “é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente desde 1978 como Comunidade Autónoma (…)”.

Mais o que realmente se está a preguntar é se Galicia, como suxeito, vai ficar no mapa político e como as forzas nacionalistas se van inserir neste momento político tan cambiante e van responder ás demandas dunha cidadanía que esixe cada vez unha maior e diferente forma de participación.

É un momento crítico. Segue a haber unha gran parte da poboación galega que non ve só a utilidade de que exista Galicia coma un suxeito político diferenciado, senón mesmo que o considera un atranco. A irrupción de Podemos e de Ciudadanos deu unha resposta electoral á demanda de rexeneración ética da política, mais consolidou, de igual xeito, unha visión plana, uniforme e centralizadora da realidade do Estado español. As mareas, coa singularidade, non escaparon desta lóxica de enfrontar compromiso social e ético fronte ás reivindicacións nacionais.

E así nos adentramos no verán, coa cita do 25 de xullo ás portas e as eleccións xerais de fondo. As formacións nacionalistas, tan minguadas e fragmentadas, comezan a facer chamamentos a prol da unidade. O Día da Patria soérguese como primeiro paso para visualizar ante a sociedade a vontade dun cambio, que partiría por unha celebración unitaria das forzas nacionalistas. Os novos tempos son chegados e xa se fala de relegar as siglas, mostra dun momento onde os partidos perden cada vez máis protagonismo. Só falta que se concrete e se demostre unha verdadeira vontade política. E alá, no fondo, unhas eleccións xerais onde se fala de lista popular-candidatura galega. Mais iso son palabras maiores. E respírase esa tensión que augura un todo ou nada. Bloque, Mareas, Somos Maioría, Compromiso, etc., terán que demostrar se un proxecto chamado Galicia é posible, se a unidade é viable, e se unha candidatura galega pode chegar ás Cortes, defendendo o dereito de autodeterminación e a soberanía dos pobos, así como os dereitos sociais.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Editorial. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s