Manuel María e Penas de Rodas


O peto(1)Josecho de la Torre

Once anos despois da morte do escritor Manuel María, a Real Academia Galega decidiu dedicar o Día das Letras Galegas á súa figura. Se ben é certo que o vindeiro 17 de maio aínda está lonxe, Manuel María estará, sen dúbida, presente con anterioridade na XXXVIII Romaxe que se celebrará este mes de setembro na súa terra chairega de Outeiro de Rei e máis en concreto en Penas de Rodas. É por iso que hoxe, adiantándome aos centos de homenaxes e lembranzas que están por vir, calarei para escoitarei ao mestre falar das Penas de Rodas:

Penas de Rodas

Penas de Rodas: asombro que sempre

Ten marabillada á miña xente;

teima á que volto cada día;

fantasía dos meus soños de neno

coa lenda da pena de ouro

e a pena de alcatrán, capaz

De rematar coa terra polo lume;

enormísimos ollos xigantescos

cos que se olla a si mesma

a Terra Chá; círculos astrais

redondos e perfectos como o mundo;

pedras sacras, unxidas algún

día, co sangue novo e ritual

dos sacrificios; aí estades

mudas, caladas e impasíbeis

en loita cos ventos, choivas,

neves, xistras e xeadas, dando

testemuño de que quen ten vontade

de ser e de existir é invencíble,

¡ouh Penas de Rodas que velades

o espírito ancestral da miña tribo!

De versos do lume e o vagalume (1982)

Advertisements
Esta entrada foi publicada en O Peto Común (antes de Sto. Antón), Romaxe. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s