CAMIÑO DA XXXVIII ROMAXE DE CRENTES GALEGOS (e II): O LUGAR


XXXVIII ROMAXE

Desorballando soños

12 de setembro

Penas de Rodas (Outeiro de Rei – Lugo)

Xabier Blanco e Mero Iglesias

Querida lectora, querido lector:

De seguro que lembrades o relato de Eduardo Galeano narrando o día que o neno Diego foi ver por vez primeira o mar e, acompañado polo seu pai, acadou aqueles cumios de area, despois de camiñar, e o mar estalou ante os seus ollos. E foi tanta a inmensidade do mar, tanto o seu fulgor, que o neno Diego quedou “mudo de fermosura” e, cando por fin conseguiu falar, pediulle ao seu pai: “Papá, axúdame a mirar!”.

Ante o milagre da natureza que se dá en Pena de Rodas, as romeiras e romeiros tamén lles imos pedir aos nosos amigos Alfonso Blanco e Xulio Xiz que nos “axuden a mirar!”.

E eles, exercendo de patriarcas da Terra Chá, hannos dicir: “Deixádevos posuír pola maxia deste contorno, deixádevos levar do engado feliz da natureza, que aquí, hoxe, se fai certa e posible, onde ceo e terra se dispoñen nunha paisaxe excepcional de harmonías, para que poidamos ver o mundo desde o alto e contemplar a Terra Chá, en toda a súa planicie e dimensión. Terra Chá inmensa, que só se pode medir con ‘ferrados de corazón, fanegas de alma’, como diría Manuel María.

Miremos, pois, as dúas enormes pedras sobre aras abraiadas por tantos soles, pedras milenarias que, en perfecto equilibrio, son a proba dos milagres da natureza neste lugar sagrado, onde se recolle o silencio para entrar dentro de nós, para reflexionar e coller camiño, outeando Galiza desde as distancias da chaira.

Ollos que viron como aquel mar esqueceu ser mar para ser unha chaira fértil dun pobo, fogar dos soños que se fan aloumiños e soidades, xardín de verdes prados e de herba en extensión, en árbores, en brillos e cores, en cantos de paxaros e ríos, casas, lugares, vilas e cidades, xentes que resistiron ergueitas días de luz e sombras, que buscan o sol e a luz espellada da lúa cando se avén ao cerrado da noite… Lugar onde a muller sexa dona e o home, compañeiro desta matria, na que todos -en alma e corpo- nos transfiguremos po de amor, na conciencia dun país onde aínda se escoite a sinfonía primixenia das brisas e solpores, cando soan renacidos en remuíño de aconteceres, salaios e alentos de vida e porvir.

Non vos sentides xa mudas, mudos de fermosura coma o neno Diego?

Pois, se así vos sentides, vide á Romaxe de Penas de Rodas onde unhas a outras imos axudarnos a mirar o mundo, a natureza, o noso país coa mirada sempre limpa, sempre tenra, sempre solidaria, sempre fermosa e divina do noso Irmán e Amigo Xesús de Nazaré.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Entrevista ou páxinas centrais, Romaxe. Ligazón permanente.

One Response to CAMIÑO DA XXXVIII ROMAXE DE CRENTES GALEGOS (e II): O LUGAR

  1. Pingback: XXXVIII ROMAXE DE CRENTES GALEGOS - Asociación de Amigos do Patrimonio de Castroverde

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s