#lovewins.



O amor vence. O amor gaña. Este foi durante varios días un berro que percorreu internet. Un berro evanxélico. Este berro está motivado por unha vitoria do amor no Tribunal supremo dos EE.UU. Por fin, aprobouse nese país o matrimonio igualitario. De igual xeito, hai dez anos aprobouse en España. Coa aprobación en EE.UU, xa van vinte países nos que é legal casar con quen queiras e a quen ames, independentemente do que teña entre as pernas.
Retrocedede vinte anos nas vosas vidas. Coa man no corazón, tiñades o mesmo xeito de pensar sobre a homosexualidade ca tedes agora? Criades posible unha voda de gais ou lesbianas? Pois agora xa o vivimos cunha meirande naturalidade da que nunca pensabamos.

Durante moito tempo houbo xente que se cansou de ser rara ou enferma e que quixo dicir que eles tamén amaban. Que tamén se namoraban e tamén facían tolerías por amor. E que precisaban os mesmos dereitos que os que tamén se namoraban e tamén facían tolerías por amor.

Durante moitos séculos houbo moita, moita xente que non puido vivir o seu amor con felicidade. Estou convencido de que agora desde o ceo sorrí polo éxito do amor. Está claro o que dixo o santo: Ama e fai o que che pete. Feliz verán.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Rumores de Esperanza, Uncategorized. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s