Con F de fume


A.Q.

O fachineiro da demografía

Se un quedou sen batería no teléfono poida que repare nos carteis dunha campaña da Xunta a prol da dinamización demográfica. “O futuro escríbese con F de fillos”, reza o slogan da mesma. Non estaría mal a iniciativa para país este de vellos con lugares onde non queda nin a quen preguntar. Pero que pasa co S de soldo, co E de educación, co outro S de Sanidade, co D de dependencia, co B de benestar e co resto do abecedario? Poida que Galicia sexa un bo sitio para ter un fillo pero non para mantelo. Pasemos do fachineiro á foto que fala. Se nos decatamos, as tres crianzas do cartel fican aínda alleos ao futuro de fume que os agarda. Só así se explica que o presunto futuro profesor se achegue a ese libro tan alegremente logo da brutal caída de recortes en educación; o neno co foguete espacial xa pode ir pedíndolle aos reis unha maleta migratoria -se aínda ten o contacto da cegoña, mellor- e ir pensando a onde quere ir facer a súa carreira profesional. E que dicir da futura gandeira que ri coa vaca de peluche? Abondará con que lle fagan ver como os seus maiores se matan a traballar para que unha mafia lle pague o leite por debaixo do prezo de produción ou que o seu papá ou a súa mamá lle deixen abrir a billa do tanque do leite que non lle recollen para que mande currículo ao McDonald’s

Advertisements
Esta entrada foi publicada en O fachineiro. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s