Fedores


qA.Q.

O fachineiro da ría de Pontevedra

Entre os poucos recursos que a xente do común temos contra o capitalismo salvaxe e as súas consecuencias están dous moi poderosos: a educación e a información, que normalmente van unidas. Hai uns quince días houbo unha marcha contra a presenza da fábrica de celulosa na ría de Pontevedra. O percorrido remataba na propia ENCE, esa empresa instalada en tempos do alcalde Filgueira Valverde e que leva contaminando a ría e os seus arredores dende hai medio século. Calquera que se achegase ata a porta da fábrica podería pensar que a marcha estaba patrocinada pola propia ENCE, porque alí agardaban, noviñas do trinque, pancartas que dicían cousas como “traballemos xuntos pola ría” ou chufando o valor dos 800 postos de traballo na comarca. Se un non está informado ou renuncia a estalo, o conselleiro delegado dalgunha empresa ha gobernarlle a vida con máis facilidade aínda. Nesa liña, pouco espazo se lle deu ao Tratado de Libre Comercio (que traducido por Pepe Chao sería “Raposo libre en galiñeiro libre), fóra desta atenta revista e iso si que vai gobernar as nosas vidas. “Cero olores. É o noso devezo. Esteamos chegando. Notáchelo?” Sería un bo lema anticorrupción, pero era outra das pancartas que algún directivo de ENCE decidiu poñer para solaz dos manifestantes.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en O fachineiro. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s