O outro día nunha conversa lembrabamos os detalles sexistas da educación que viviamos. Eu lembraba o moito que meu pai protestaba porque, sendo eu un párvulo, ensináronme algúns rudimentos de costura. Sen dúbida, os tempos cambian.

No colexio da miña filla, que ten máis ou menos os mesmos anos que tiña eu daquela, levan todo o trimestre facendo un proxecto de cociña. Están nel tanto nenos coma nenas e, loxicamente non protesta ningún pai ou nai por que o seu neno varón estea facendo cousas de cociña.

Para estes días pasados pedíronnos que fixésemos unha receita na casa con ela. Pasei unha mañá moi divertida facendo unha empanada con ela. A receita da empanada é da miña nai, que á súa vez a recibira da súa nai. Moito gozou a miña nena metendo as mans na masa e facendo “churriños” para poñer o seu nome na empanada.

Conservar a tradición culinaria está ben. Sigamos coas receitas de toda a vida e pasando un bo pouco coa boa mesa tradicional. Pero hai tradicións e tradicións. Se por tradicións entendemos aquilo que é discriminatorio para a muller, non debemos anotarnos.

Agora coa nosa empanada imos á praia. Que aproveite, na memoria daquelas mulleres que foron pasando as receitas de empanada e daqueles homes que rachan co estereotipo de que a cociña é lugar de mulleres.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Rumores de Esperanza. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s