Teresa Souto

Hai uns días escoitamos un relator que nos falou do valor educativo do humor. Que tema tan interesante; a importancia que ten o humor positivo, ese que se comparte, que é creativo, para tratar coas persoas, para lograr unha comunicación máis eficaz e sincera, para unha aproximación, unha achegamento. O relator comentábanos que consultara un grupo de expertos, nenos e nenas de entre 6 e 7 anos, e entre as respostas había a dunha cativa de 6 anos que dixo que o humor é

a esencia de ser. Igual non sabía que significaba a frase, pero seguramente para ela o humor sexa iso, algo moi importante na súa vida. Pode ser que todas as persoas necesitemos esa dose de humor para afrontar mellor os problemas e obstáculos.

E outra cousa, unida a ese bo humor, a esa positividade, é a ilusión. Hai unas semanas, miles de persoas que viven en Galicia foron examinarse das probas de competencias clave, coa ilusión de avanzar, de mellorar, de acadar novas oportunidades para a súa formación ocupacional e poder camiñar cara a unha inserción socio-laboral. Na espera atopei unha compañeira de Irimia. Que bo atoparse noutro contexto diferente! Ela tamén ía acompañando un grupo de persoas que durante meses estiveron esforzándose duramente para examinarse. Persoas que, moitas delas, levaban máis de vinte anos sen poñerse a estudar, pero a motivación e a ilusión pode con todo. O primeiro paso do proceso foi esa motivación tan importante, e os seguintes pasos foron vindo sós: clases, esforzo, medos, temores e, de novo, doses de motivación. E todo este conxunto dou bos resultados, o gran orgullo que sentiron de si mesmos/as ao veren que aprobaran as probas. E se alguén non aprobou, que saiba que o esforzo é aprendizaxe, xa está aí, só hai que darlle un empurrón máis de repaso para o ano.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en O Peto Común (antes de Sto. Antón) coas etiquetas . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s