Libros e liberdade


O fachineiro da cultura

A.Q.

Dígame tres intelectuais de dereitas. Tempo! Tic tac, tic tac… Unha das cousas que parecen distinguir a esquerda da dereita é a sensibilidade cara á cultura, algo que inclúe situar nos postos políticos correspondentes a xente que saiba de que vai o asunto. Un coñecido deste fachineiro, editor el, conta que lle ten proposto proxectos que parecían interesantes a concelleiros/as do ramo e non dicían palabra porque non tiñan nin idea de que lles estaba a falar. Non coñezo ditaduras preocupadas por elevar o nivel educativo dos seus súbditos. O desprezo pola educación fai do pobo unha masa máis manipulable e conducible ao rego do muíño dos poderosos. Ser conscientes do mundo no que vivimos é o primeiro paso para intentar cambiar as cousas. Porén a distancia entre os libros e nós é un mal crónico. Xabier P. Docampo di que “tan pouco se le que nunca se leu tanto coma agora”. E algúns dos que se len só serven para acender o lume (compróbense as vendas da persoa que lle escribiu o libro a Belén Esteban). Para esa consciencia axuda o libro de Emilio Lledó Los libros y la libertad.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en O fachineiro. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s