Como quen non ten nada que perder


Daniel López Muñoz

Agora que entramos nunha nova fase, nunha nova oportunidade para as forzas que representan e queren construír uns concellos e un país máis igual, máis decente, máis reconciliado consigo mesmo… é tempo de mirar algo atrás e ver que erros se cometeron en oportunidades semellantes e que cousas non se deberían repetir.

Unha delas é desbotar a tentación de “querer ser coma eles”. Calquera diría de principio que iso é facilísimo. Vaites. Non tal. Parece. Porque a clave non son as proclamacións nin os fulares cos que se arriba á moqueta. Aínda recordamos moitas veces aquelas chegadas de certos mandatarios bipartitos a unha localidade en comitivas de cinco coches oficiais, con aqueles xefes de gabinetes recomendando pechar as portas con estrondo, para que se notase o ruído e o estrambote. Para impresionar e demostrar.

Outra é gobernar con “paranoia cero”. Facer,vendo en cada cidadán un amigo, unha aliada, mesmo se “sabemos que non son dos nosos”, porque o que imaxinamos constrúe o noso comportamento,… e cambia ao outro. E a lealdade e o agradecemento comezan coa fiúza, non coa desconfianza nin o desprezo.

 

Tamén é de moita lembranza aquel tremendo: “quero unha portada de prensa cada día”, co que os “novos gobernantes” querían demostrar que a tiñan máis grande ca os anteriores e ca os seus socios de goberno. E pensaban que a xente no se decataba do complexo.

E non deberiamos esquecer aquela síndrome da “inmunidade do redentor”. Consiste basicamente en instalarse na idea de que “comigo cambiou a historia” e, ademais, ese cambio “depende de que eu estea ao mando”. Polo tanto, podo permitirme cousas que os outros “tamén facían” porque no meu caso “si están xustificadas e perdoadas”, porque a redención do meu pobo ben desculpa usos e abusos dunha legalidade pensada para “limitar os excesos dos demais” pero non “dos de quen responden diante da Historia”.

E unha conclusión en positivo. A cousa sería gobernar como se non nos importase deixalo. Con liberdade de espírito. Lixeiras, frescos, sen pegamento no cu, dispensando. A guerra vai ser sucia, pero pode librarse desde a estratexia do desconcerto: non baixando ao nivel moral da probable insidia, senón poñendo un caravel vermello no fusil do militar.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en O Trasno. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s