CAMIÑO DA XXXVIII ROMAXE DE CRENTES GALEGOS (I)


Foto 1(1)Xabier Blanco

Foron pasando os días e xa se vai vendo no horizonte a celebración da XXXVIII Romaxe. Un grupiño de xentes arredor do patriarca Alfonso o de Guitiriz, o de Xermolos e o de feixes de iniciativas culturais, fómonos reunindo nos meses pasados para comezar a escribir as primeiras páxinas da organización desta nova Romaxe.

A data xa nos vén dada da nosa propia “traditio”: o segundo sábado de setembro, desta vez o 12 de setembro de 2015. Á data achegámoslle un lugar lugar fermosísimo da Terra Cha, Penas de Rodas, cheo de lembranzas e pegadas de grandes poetas, especialmente Manuel María e Díaz Castro.

Á data e ao lugar achegámoslle un lema ben xeitoso: “Desorballando soños”. Si, porque diso se segue tratando: tirar da memoria persoal e colectiva os mellores soños e poñérmonos a narralos para que, narrándoos nos veñan forzas e folgos para facelos realidade. Desorballar o soño dunha Galicia reconciliada consigo mesma, coa súa paisaxe, coa súa lingua e con toda a cultura de seu e, mesmo porque reconciliada consigo mesma, disposta para contribuír a facer realidade os soños de todos os demais Pobos, e, dende a nosa perspectiva, disposta a facer realidade o soño do Nazareno: pan partido e compartido para todas e todos, teito acolledor para todas e todos, terra para todas e todos, traballo para todas e todos.

E eses grandes soños técense día a día tamén onda nós, e moitas veces nin os coñecemos nin os damos valorado. Por iso queremos facelos presentes nesta nosa Romaxe:

  • O soño desorballado e feito realidade da asociación de mulleres da parroquia de Insua, que recuperaron o liño.

  • O soño desorballado e feito realidade da asociación “Penas de Rodas” en Gaioso, que loitan por manter unha parroquia unida e por dar a coñecer á xente nova o grande patrimonio cultural e paisaxístico.

  • O soño desorballado e feito realidade de Pepita Lombao, oleira de Bonxe, a cacharreira que queda na Terra Chá.

Por estes vieiros vai a XXXVIII romaxe. Prometemos seguir traballando e seguir informando.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Uncategorized coas etiquetas , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s