Eurorrifa Irimega


Ou como imos confrontando unha Irimia “libre de subvencións”

Como resultado da delicada situación económica pola que pasa actualmente a asociación IRIMIA e o xustiños que andamos para a organización da Romaxe de Crentes Galegos (que seica xa non recibirá a única subvención que se viña recibindo, a da Deputación da Coruña) a directiva decidiu implantar outras medidas para recadar uns 4000 € para cubrir o déficit. Unha desas medidas é a creación da “Eurorrifa irimega”.

1 € = 1 RIFA

A “Eurorrifa irimega” consiste nunha campaña para recadar doazóns dos amigos e amigas de IRIMIA, en participacións de 1 € para financiar os gastos da Romaxe deste ano. A todos os participantes na campaña regalaráselles unha rifa por cada euro que doen, ata a finalización das 4.000 rifas emitidas.

Con cada rifa poderase participar no sorteo que se realizará o día da Romaxe de Crentes Galegos (12/Setembro/2015), despois do xantar. A participación no sorteo implica a plena aceptación destas bases.

Nivelón de premio

O premio consistirá nun fin de semana moi especial para dúas persoas na Casa Rural Romualdo, que ten a “Q” de calidade turística e é unha porta estratéxica para gozar de Ribeira Sacra. Concretamente, dúas noites a media pensión durante o Outono Gastronómico, no que se inclúen cea tradicional na lareira, velada do contaconto “Historias e cantigas tradicionais” e noite meiga con queimada; ademais dunha rota dos Espíritos das Terras Baixas (Pesqueiras, Belesar, Cabo do Mundo, Pincelo); unha visita ao Ecomuseo de Arxeriz e unha visita a unha adega con degustación.

Afortunados gañadores

A publicación dos gañadores farase inmediatamente despois do sorteo dende o propio escenario. Ademais publicarase na revista IRIMIA e neste blogue. O premio debe utilizarse entre o 12 de setembro e o 20 de decembro de 2015.

A prepararse para colaborar e a ter sorte! E aos desafortunados, tranquilidade. Sempre lles quedará a posibilidade de ir pola súa conta ao Outono Gastronómico da Casa do Romualdo, que é unha experiencia que vale moitísimo máis do que custa.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en O Noso taboleiro. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s