Dous vellos amigos


Francisco do Romualdo

Ás portas do vello convento, hai moitos, moitos anos, deixaron un día unha cesta cunha preciosa meniña que, chea de fame e frío, comezou a chorar.

Pouco tempo despois, nunha noite de outono na que o vento sopraba forte e a chuvia arroiaba, chegou un pequeno grupo de peregrinos pedindo acubillo; entre eles, unha moza puxérase de parto e, tras dar a luz un neno, faleceu.

Os dous nenos medraron xuntos, ao coidado das monxas.

Aos poucos anos el foise de aprendiz cun canteiro que chegara para reparar o campanario danado por un raio.

Ela quedou e, co tempo, a súa sabedoría e xenerosidade axudaron e confortaron a moitos.

Tras longos anos construíndo casas e igrexas, pontes e torres, el, canso e vello, decidiu voltar para saber da súa amiga.

Ao irse achegando viu, no vello souto, unha velliña que, cangada polos anos, apañaba castañas. Achegouse, olláronse e, tras un intre eterno, recoñecéronse.

Emocionados, fundíronse nunha longa e agarimosa apreta. Logo, sentados ao pé dunha vella caracocha, foron debullando as súas vidas.

Pasaban as horas, apareceu a lúa, e el, canso, apoiouse mainamente no ombreiro dela.

Preocupadas pola tardanza da vella abadesa, as súas irmás do convento saíron buscala. Avisaron os veciños, pero ninguén foi quen de dar con ela.

Só o vello retratista, ao que moitos crían tolo, se deu conta de que, apoiados, unha rocha pequena e un castiñeiro novo erguíanse agora onde antes só había unha vella caracocha.

 

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Carta, Uncategorized. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s