Crónicas postelectorais


O fachineiro das estafas

A.Q.

Non vos riades porque o conto é triste, dicía a voz narradora de Castelao nun dos contos do seu libro Cousas. Imos pixelar a historia coma se fose unha foto, e en lugar de con píxeles ímolo facer co subxuntivo do verbo imaxinar ou poder, coma no famoso comezo de Moby Dick. Así que poñamos que a un candidato a arrepañar co que sexa, non o queren en determinado partido político. A solución está clara: marcha para outro. Marxismo puro (de Groucho Marx, claro: estes son os meus principios, pero se non lle gustan teño outros). Poñamos que no partido que deixou lle rin as paciencias dicindo que, como non aceptou o posto que lle ofreceran na lista, llo empaquetaran a outros. Imaxinemos que ese candidado fose avogado e poñamos que traballase con casos dalgunha minoría étnica. Poñamos que no novo partido onde o acollen lles dese por organizar primarias. Imaxinemos que o tal candidato lles dá 10 euros a unhas duascentas persoas para que se inscriban e voten por el. Poñamos que sae elixido. Imaxinemos que aparece nos xornais locais dicindo que el achégase á política local para rexenerala e que por riba de todo está a vocación de servizo público. Aínda bo é que non saíu. Se a historia vos parece inverosímil, agardade pola do candidato no tanatorio.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en O fachineiro. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s