Traballando polo común


IMG_3798O sábado pasado, 16 de maio, xuntámonos unas 250 persoas de diferentes lugares de Galicia no mosteiro de Samos para celebrar o San Cidre, patrón da xente do campo. Vímolo facendo desde hai máis de trinta anos, cada ano nun lugar distinto. Unha especie de romaxe rural cunhas formas e cun encantos moi particulares.

Este ano, como digo, foi en Samos, no mosteiro beneditino que nos abriu as portas da igrexa e dos claustros, que nos ofreceu un exceso de dispoñibilidade e atencións, que fixo todo canto puido para que puidésemos gozar do encontro e da celebración. A comunidade estivo representada para nós nas persoas dos monxes Xosé Luís e Guillerme, cos que puidemos compartir tempos e sentimentos.

Samos e maxestoso e máxico. Combina de forma integrada unha sabia arquitectura, que IMG_3806vai do prerrománico ao neoclásico, pasando polo románico e o barroco, cun entorno rural exuberante tamén, que neste maio primaveral se esforzaba por ofrecernos, coma os monxes, as súas mellores formas e servizos. Resulta impresionante contemplar as costas do Carballal, monte que rodea o mosteiro polo sur e oeste, coas súas vizosas fragas de árbores autóctonas, onde o eucalipto non ousa pedir entrada. Fantástico! Sabemos valorar debidamente estas riquezas, ou estamos tan afeitos/as a pousar nelas os nosos ollos, que as reducimos á insignificancia?

Neste contexto ambiental tan vivo un considerable número de labregas e labregos “empoderáronse” da igrexa abacial, e fixeron seu por unhas horas algo que fora seu desde o seu nacemento, conforme lembraban os versos do folleto da celebración: “Sangue, suor e bágoas, / loita labrega, / fixeron esta igrexa, / soños en IMG_3828pedra / daqueles maiores nosos / que nola entregan / testemuño dunha fe / firme, sinxela. As voces das labregas e labregos, os seus cantos, as súas proclamas, as súas esperanzas, os seus compromisos encheron de pobo aquel espazo sagrado, axudando a devolverlle o seu sentido máis limpo: lugar de encontro entre as ansias de Deus e as ansias da xente.

O que queríamos celebrar e fortalecer en nós nesta festa do San Cidre collía nestas tres palabras simples e proféticas: traballar polo común. Un verdadeiro reto sempre, pero especialmente nestes tempos de espertar rural, cando despois dunha morta anunciada e case testificada, se abren esperanzas insospeitadas.

Pola tarde, despois dun xantar fraterno nos claustros do mosteiro, subindo cara ao Cebreiro, as costas do Oribio volvíannos agasallar con fragais inmensos entre os que, en pasteiros costentos, pacía o gando e a xente teimaba por seguir sendo pobo rural.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en O Peto Común (antes de Sto. Antón) coas etiquetas , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s