Epulón era un mal economista


Daniel López Muñoz

Resulta perigosa a ignorancia e a mediocridade dos “liberais” que nos desgobernan.

A súa simpatía e proximidade, a súa familiaridade coas grandes fortunas, coa xente guapa, cos donos do botín, a súa falta de raíz “popular”, por máis que teñan secuestrado o nome, failles cometer erros económicos de vulto.

A maneira de afrontar a crise é toda unha lección do que non se debe facer. A proba foi o resultado. E o resultado chamase desigualdade crecente e recuperación lastrada.

Agora pasamos as municipais e pasou o que pasou, pero o debate que se prepara é o das eleccións xerais, as do goberno das españas máis desigualadas ca nunca na Europa que non se sabe que quere. Porque así como se miden os produtos interiores brutos, os déficits e as débedas dos países, debería medirse e poñerse couto ao paro e a desigualdade.

O resultado da xestión da crise pola dereita foi que os axustes fiscais realizados, os recortes sociais, as medidas tributarias… dispararon a desigualdade. A OCDE di que o 10% dos fogares máis pobres no conxunto do Estado perderon nada menos que un 13% dos seus ingresos anuais. Pero o 10% máis rico, perdeu soamente o 1,5%. Antes da crise a desigualdade estaba estabilizada. Pero despois disparouse. A favor de quen se administrou?

Favorecer a desigualdade é un mal non só para os que quedan excluídos, vaites! É máis ben un mal para o conxunto da economía, para o interese xeral. Isto non o entenden os neoliberais, obsesionados con andrómenas como a “preguiza” dos pobres subsidiados e a súa innata tendencia a defraudar (Rato non defraudaba, os que cobran a RISGA, si. Con ese tipo de convencemento arribaron ao poder… e actuaron en consecuencia).

A OCDE volve sobre una idea recorrente na boa economía: a desigualdade é un mal que lastra a recuperación. E pon cifras a ese freo. As razóns son varias. Unha que o diñeiro no peto dos pobres reactiva inmediatamente a economía. E, ademais, a desigualdade convértese en peor educación e formación para as clases traballadoras, en menos competitividade.

O prexuízos clasistas metidos no cerebelo do “pijerío” gobernamental son a causa de moitos erros na acción de goberno. Esa é unha das malas noticias da galopante corrupción: creou unha “pandi” de privilexiados epulóns , necios, afeitos á vida rica nun país de lázaros exhaustos.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en O Trasno. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s