Veño de escoitar a José Antonio Pagola. Realmente é algo que paga a pena. No meu caso estiven cos cen rapaces e rapazas adolescentes que de xeito obrigado tiveron que escoitalo porque formaba parte do horario de actividades do centro. Non resultaba un faladoiro atraínte para eles. Un señor maior, cura, teólogo (teo ¿que?)…

Pero Pagola vive con paixón e iso transmítese. Faloulles de Xesús de Nazaret dun xeito claro e directo. Respondeu ás preguntas que lle fixeron.

Chamoume a atención o feito de que a rapazada estivera preocupada por preguntarlle sobre a moral da Igrexa e el respondía con Xesús. Realmente se miramos coa mirada do de Nazaret as cousas teñen outra perspectiva incluída a Igrexa.

Faloulles de escoitar, de aprender e de conciencias que non xulgan. E eles escoitaban con respecto. Pero sobre todo o máis rechamante é que el tamén escoitaba e se cuestionaba con eles.

Sen dúbida Pagola é un home sabio. Non é dos que ten as respostas se non o que ten capacidade de escoitar. Oxalá nesta Igrexa agromen sabios coma Pagola. Na Igrexa? Non, en toda a sociedade.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Rumores de Esperanza. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s