Contradictio in terminis


A.Q.

O fachineiro das eleccións

Hai cousas que non dan encaixado no puzzle cerebral deste fachineiro. O outro día vía cos meus propios ollos -permítase o pleonasmo- como facían o camiño portugués a Santiago uns militares co macuto ás costas e o seu fusil de asalto nas mans. E, claro, iso do fusil, se a peregrinaxe tivese unha mínima motivación de tipo pararelixiosofilosoficoespiritualintimistaousemellante (tíralle do aire Vicente Risco; gañeiche por varias sílabas ) non me cadra. Outro tanto me pasa coa expresión capelán castrense ou cos lexionarios de queixada tensa levando un paso de semana santa. Éme tan difícil de explicar coma a contumaz ausencia de autocrítica dos e das votantes da dereita, como acabamos de ver. Outramente, os resultados dese sector debían andar arredor da insignificancia. Pero aí seguen, impasible o ademán. Pero non rasquemos as vestiduras;teñamos en conta que un 25% dos españois cre que o sol xira arredor da terra ou que un 30% pensa que o ser humano conviviu cos dinosauros. Iso sen falar do 54% que non sabe que os antibióticos nada fan contra os virus. Fálalles ti a eses de sector público e externalizacións ou de que vaimos esquecendo iso de recuperar os 61.000 millóns de euros cos que salvamos bancos. Salvar bancos: eis outra contradictio in terminis.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en O fachineiro. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s