ANTICAPITALISMO E ECONOMÍA SOCIAL NO CORÁN


Carlos Varela

A banca islámica está soportando mellor a crise cós bancos capitalistas

Najia Lotfi é unha moza economista marroquí. Promotora das finanzas islámicas, Lotfi traballou con entidades como Fiare ou Coop 57, e tamén creou, no seo da Universitat de Barcelona, o Centre d’Estudis i Investigació en Economía e Finances Islámiques (CEIEFI). Defende a economía islámica como unha alternativa ao desastre capitalista e asegura que mesmo países como O Xapón xa teñen equipos que estudan este sistema financeiro.

Esta lectura ‘socialista’ do Corán fundamenta un sistema financeiro que prohibe a especulación, a riba (tipos de xuro) e tamén o gharar, “é dicir, calquera ambigüidade, incerteza ou engano que sirva para vender produtos tóxicos”, explica Lotfi. Unha comisión ética avalía as transaccións e, en caso de dúbida, recorren en última instancia a un órgano central con sede en Bahrein. Non se permiten, por exemplo, investimentos en actividades que danen os seres humanos e a natureza, como pode ser a industria armamentística. Por isto, denuncia Lofti, países como Catar ou Arabia Saudita rexeitan as finanzas islámicas, colocando os seus capitais na banca estadounidense. As finanzas islámicas aínda fixan outras dúas esixencias: as transaccións teñen que materializarse na economía real para que o diñeiro non se torne un instrumento especulativo e as participantes en proxectos comunitarios deben partillar de maneira equitativa os balanzos. O zakat, por último, é o 2,5% do capital de cada cliente, que vai a un fondo de axuda para as persoas que máis o necesitan.

Os desafiuzamentos xa un drama cotidián no Estado español, non existen na banca islámica. “Se alguén necesita unha murabahah ou hipoteca de vivenda, entrega un escrito onde se compromete a pagar o piso, e o banco encárgase de buscar un. Unha vez que se lle encontra, táxase o inmoble e ambas partes pactan unha comisión que non cambia baixo ningunha circunstancia. Así, o cliente non paga xuros de demora, como sucede no resto das entidades”. E se o cliente non pode afrontar a hipoteca? Entón “ofréceselle un piso máis pequeno e barato”. En todo caso, procúranse alternativas para que a persoa mellore a súa situación e poida pagar. E se tampouco pode, recórrese ao fondo de zakat, que, en última instancia, son fondos perdidos. Mais non se desafiúza a ninguén”.

Najia Lotfi é musulmana e entende as finanzas islámicas como coherentes coa sharia (“o Corán di que Deus non permitirá que o diñeiro se instale no corazón da xente”, enfatiza ela), mais o acceso a estas finanzas é libre, sen discriminacións relixiosas. En Inglaterra, de feito, o 60% dos clientes de bancos islámicos non son musulmáns, e países como O Xapón estudan as súas posibilidades. Por volta de 500 bancos islámicos ao redor do mundo moven uns dous billóns de dólares. Representan o 4% das finanzas do mundo, medran a unhas taxas de entre o 20 e o 30% e soportan a crise moito mellor ca os bancos capitalistas.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Opinión. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s