Municipais 2015: Por un voto antiséptico


Hai varias e diferentes razóns para elixir unha opción política ou outra nunhas eleccións municipais en Galicia.

En condicións normais, por exemplo, a concepción, as ideas, a visión de cada corrente, de cada organización, o que se propón como modelo de sociedade local… tería unha decisiva importancia. Tamén a proposta de cada opción para construír país, sumando a ese proxecto que se chama Galicia. Falamos de asuntos como a mobilidade e o transporte, o urbanismo e os servizos, a xestión dos residuos, o programa cultural, a inclusión social, a normalización lingüística, a eficiencia enerxética, as prioridades e os acentos de cadaquén. Todo iso sería moi relevante para decidir.

Tamén en condicións normais pode pesar a simpatía, a proximidade, a actitude dos e das candidatas. Desgraciadamente non temos listas abertas, pero ese factor persoal é lexítimo en todo caso á hora de escoller alcalde ou alcaldesa.

Pero non estamos en condicións normais. Estamos nun estado de excepción ética. Os subornos, o enchufismo, a arbitrariedade, o enriquecemento ilícito, o casoiro entre alcaldes e construtores, entre corruptos e corruptores, o deterioramento da ética na acción de goberno, acadaron límites inaceptables. E “inaceptable” significa exactamente o que significa. E hai un momento para podermos aceptar ou non aceptar. E ese momento chámase “eleccións”.

Por iso, para estas eleccións queremos reivindicar un voto antiséptico, un resultado que desinfecte o panorama, que limpe en profundidade as casas dos concellos e o resto de oficinas municipais. Necesitamos un voto contra a corrupción.

Non implica isto desbotar os outros criterios. Pero sen unha proposta decidida e firme contra a corrupción nos gobernos municipais, todo o demais quedará contaminado. E mesmo as mellores ideas e os plans máis vangardistas e acertados quedarán tarados e feridos de morte. A corrupción mata todo. E a primeira vítima son os ideais que usan os corrompidos para encubrir as súas trapalladas.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Editorial coas etiquetas , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s