Maio galego


Daniel lópez Muñoz

O mes do xermolo e da floriña azul e ventureira é tamén o mes da lingua galega.

Pois iso, primaverais. Pero sen baixar a garda. Especialmente desde que “decretaron” -e se cadra alguén o cre- que somos iguais e libres para isto das linguas en paz harmónica, nun territorio tolerantísimo, que estima o propio como ninguén, …e o alleo con fascinación. Desde que decidiron que hai paz lingüística, decretada tamén por quen trocaría encantado and for ever o seu feixón galego por unha alubia universal.

Por suposto que o galego depende sobre todo de nós, das familias, dos mozos e mozas, das asociacións e da rede civil, dos empresarios e dos traballadores, dos labregos e arquitectas, e da tele e do alumnado e do profesorado.

Pero que ninguén nos confunda. Porque falando do profesorado, por exemplo, o estudo promovido polo servizo de normalización lingüística da Universidade de Santiago de Compostela, que dirixe Manuel Núñez Singala, vello colaborador de Irimia, revela que non chega a un 22% a docencia en galego nos estudos de grao da nosa máis emblemática institución educativa.

Ensinas máis do que cres” é o intelixente slogan que ese servizo vai emprender para empurrar o uso normal do galego na docencia. Intelixente porque revela o auténtico problema: o da axenda oculta.

E esa axenda oculta é a dos “pares malditos”, a do prexuízo que actúa vivísimo no cerebelo dos galegos e galegas e que marca con lei de ferro os lindes. Nos impresos de matrícula en galego, pero nas aulas en castelán; na taberna en galego, pero no pub en castelán; na zona vella en galego, pero na zona nova en castelán; cos sindicatos,…. pero cos empresarios,…; na campaña en Burela,…. pero na campaña en Vigo, ……; no Parlamento en galego –que remedio!- en galego, pero na alcaldía urbana en castelán; coa auxiliar de clínica, ben…, pero co médico…; as ciencias sociais, con sorte, en galego, pero an ciencias puras en castelán; na corredoira,….., pero, a ver, no ascensor,….; cos paisanos, home!… pero coas señoras,…. ; no adro da igrexa…aínda, pero na misa …

Pero non sempre no maio marcea. No maio sempre hai esperanza. Hai un 22% do profesorado que supera todo condicionamento. E ollo, nos graos en física, enxeñería química e mesmo matemáticas supérase a media de uso do galego. E iso si que é un desafío á lei non escrita e aos prexuízos de ferro da pax feixoá.

 

Advertisements
Estas entrada foi publicada en O Trasno coas etiquetas , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s