Son moitos os días nos que pensamos que os rapaces que habitan as nosas aulas son parvos por defecto. Desconfiamos deles. Se fago isto, non van ser capaces, a maioría non o daría feito.

Este pasado sábado, 9 de maio, un grupo de profes que cremos que se poden facer cousas novas e creativas quedamos en Santiago para unha competición de debate con rapazada de 1º e 2º de ESO. O tema do debate era se os estados deben limitar a liberdade de expresión. Agora pechade os ollos e pensade. Seriades quen de debater dese tema cando tiñades 12 ou 13 anos? Poderiades saír a un atril, e durante tres ou catro minutos, argumentar a vosa proposta?

Pois os rapaces do outro día si que o fixeron dunha maneira abraiante. Investigaron para aportar probas, datos, citas de autoridade, razoamentos… Unha marabilla.

Eu penso que o problema da educación é un problema de desconfianza. Desconfiamos dos nosos rapaces e rapazas e vémolos incapaces de faceren cousas creativas e novas. Desconfiamos do noso profesorado e pensamos que non é capaz de innovar e ensinar. Cremos que a solución aos problemas vén de arriba e a solución está embaixo.

Mensaxe para as autoridades educativas: Que pasaría se deixásemos os nosos docentes traballar, crear e gozar coa profesión e non tentar controlar e limitar o que fan? Se cadra corremos o risco de que a nosa mocidade pense por si mesma. E que?

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Rumores de Esperanza. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s