O peto

Luísa Viqueira

Rubén Aramburu

Cando morreu o filósofo Johán Vicente Viqueira (Letras Galegas 1974), a familia enterrouno de noite, ás agachadas, na parroquia de Ouces, en Bergondo. O párroco non o tiña por digno, dicían que era panteísta e, cando soubo o do enterro, mandou levantar un muro de tres metros, marxinando a sepultura do insigne galeguista. Foi no ano 1924.

A familia de Viqueira gardou a ferida no corazón. Non foi a única. Cando a revolta fascista do 36, tiveron que agacharse nas casas dos veciños durante meses e logo fuxir nun barco inglés cara ao exilio. Comezou un periplo eterno por toda Europa, no que destaca Luisa, filla de Viqueira. Chega a Rusia cun grupo de meniños fuxidos da barbarie. Pasa varios anos ensinando, ata que a familia viaxa a México, cando o gran Cárdenas abre o país aos exiliados españois. Luisa non deixa de loitar polos seus ideais, non esquece nunca a súa patria. En México dirixe un programa de radio: “Hora Galicia” e colabora na fundación do Patronato da Cultura Galega. Vive con dor o asasinato do seu home, militante de esquerdas, e o sacrificio de sacar adiante a tres fillos.

Hai uns anos, cando chegou a democracia, Luisa volveu a Galicia, á casa de Vixoi, á praia da Lagoa, en Gandarío… Percorreu todos os recunchos que lle falaban dunha infancia feliz e dunha mocidade ben dura. Non soportou a memoria: “Non podo volver onde a miña vida foi truncada” e regresou a México.

O pasado 18 de abril, Luisa volveu para sempre a Galicia após 80 anos de exilio. Centos de persoas acompañaron as súas cinsas para depositalas a carón de seu pai. Desta vez non houbo muros e a parroquia aportou todo o necesario. Pasados uns días e na intimidade, o párroco axudou a Manuel, fillo de Luisa, a colocar a lousa sobre as cinsas. Foi nunha mañá panteísta e galega, Deus presente na chuvia, no vento, no mar e na paz que repartía a familia de Viqueira. Foi no ano 2015.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en O Peto Común (antes de Sto. Antón) coas etiquetas , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s