Eres niña como yo


Dende hai uns tres anos na miña casa hai una rutina diaria ao chegar a noitiña. Consiste no proceso que leva á cama á miña filla maior Sariña. Comezamos co baño, despois cea, despois lavamos os dentes e, por último, e xa na cama, conto (xeralmente dos Bolechas) e rezamos.

O rezo xeralmente ten unha sinxela invocación que me ensinaron sendo moi, moi pequecho: é un “Noso pai”. O outro día ela chegou dicindo que sabía unha oración nova, polo que comezamos por ela. “Jesusito de mi vida, eres niña como yo…“ Sorprendeume a primeira vez. No próximo día decidín poñer orella por ver se era unha casualidade e comprobei que dicía así.

Non podo menos que facer unha reflexión. Oxalá Sariña conserve esta forma de oración. Non só pola forma senón polo fondo. Oxalá teña claro desde que é unha pequecha que Deus é un Pai e unha Nai, que o neno Xesús é realmente nena e que as imaxes de Deus están cheas de ideas sexistas preconcibidas.

Oxalá que non tarde tanto coma seu pai en que lle ensinen isto e que non caia no erro de pensar que todo o relativo á relixión soa a aburrido, masculino e reseso.

Esta noite eu invítote a rezar compartindo a oración da miña filla. Ti es nena coma min…

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s

Blog en WordPress.com.

Up ↑

%d bloggers like this: