VIVIMOS NO RURAL


Un encontro para todas e todos aqueles que apostan/imaxinan/viven/crean/loitan por un futuro para o rural e desde o rural

Cando? O 9 de maio de 2015

Onde? en Santiago de Compostela, no centro don Bosco de Belvís.

Para que? Para coñecernos, falarnos e, entre todos e todas, artellar algo que nos axude a estar no rural sabendo uns dos outros, visibilizándonos, potenciándonos mutuamente na medida en que queiramos. Non valería vir ao encontro para ver o que pasa, senón para colaborar para que algo pase. Porque cómpre organizármonos.

Dercarga o PDF coa información

Coñecemos ben as dificultades polas que está pasando o campo, pero tamén podemos afirmar que no espazo rural galego hai moita vida, posibilidades inexploradas, imaxinación que resiste en proxectos de vida e de produción, de creación e de celebración, de solidariedade e de festa.

E o máis importante, que hai xente que vivimos no rural e que estamos orgullosos e orgullosas de que o rural nos habite.

Agora queremos conectarnos, sabernos e apoiarnos.

Queremos unir esforzos para loitar contra a insignificancia do mundo rural, contra o esquecemento e a falta de peso cando se toman decisións que nos afectan. Non queremos que os de fóra falen ou decidan por nós. Vivir acó é o que nos une, o que nos dá a perspectiva, o enfoque e o xeito que buscamos, ese que fala cos pés na terra. Unha aposta convencida, que anima a vida, a xente e o futuro das nosas aldeas e parroquias.

Un convite

Xuntámonos. Porque non estamos sós e queremos coñecernos e sentírmonos ben.

Cando? O 9 de maio de 2015

Onde? en Santiago de Compostela, no centro don Bosco de Belvís.

Para que? Para coñecernos, falarnos e, entre todos e todas, artellar algo que nos axude a estar no rural sabendo uns dos outros, visibilizándonos, potenciándonos mutuamente na medida en que queiramos. Non valería vir ao encontro para ver o que pasa, senón para colaborar para que algo pase. Porque cómpre organizármonos.

Como? Acudindo, por suposto, achegando experiencia e iniciativa e, tamén, contribuíndo con 5€ para xestionar os gastos, e levando a propia comida para xantarmos xuntos. E avisando de que vés aos coordinadores (ver pdf).

Advertisements
Esta entrada foi publicada en O Noso taboleiro. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s