A Igrexa Unida do Bacon


O fachineiro da educación e do humor

Tal como o imaxina este fachineiro a cousa vén sendo así. “Señores, a asistencia ás clases de relixión ten dous picos na gráfica: un coincide coa primeira comuñón e -xa un pico que case é romo- coa confirmación. E que facemos co resto da gráfica? Hmmm. Pensemos. Xa! A relixión ten que ser avaliable, hai que poñer unha nota que conte para a media. Como a misericordiosos non nos gaña ninguén, todo vai ser de 8 para arriba e imos petar as aulas. Pois nin con esas. Temos que tirarlle da chaqueta ao goberno amigo e esixir que a alternativa á relixión sexa canto máis abstrusa, mellor. Malo será que daquela non pasen polo aro”. Chegados a este punto en que a educación pública parece que nunca vai poder ser laica, penso que é hora de propoñer tamén a alternativa da Igrexa Unida do Bacon, creada hai uns por ateos e escépticos nos EUA e con sede en Las Vegas. A cousa non soa mal porque o seu noveno mandamento di: pagar impostos. Non todo o mundo pode presumir do mesmo. Polo menos teñen bo humor e iso é un principio interesante, porque como di Pepe Chao “Deus tenvos moita graza: creo no divino humor”.

A.Q.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en O fachineiro. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s