Xan Guillén

Deus está vivo. Iso cremos os cristiáns e as cristiás. Iso proclamamos na Pascua, na que estamos. Isto leva consigo que os cristiáns e as cristiás temos que vivir con intensidade a nosa vida. Vale, de acordo. Non esperas destes rumores que sexan a homilía da Vixilia de Pascua. Pero eu penso que os cristiáns e as cristiás non é que esteamos mortos/as. Se cadra o que estamos é un pouco anestesiados/as.

Dende as altas xerarquías ata o/as que de cando en vez imos á misa os domingos. Temos unha igrexa que non está nin viva nin morta. Está anestesiada. Toda? Pois non. Hai moitos cristiáns e cristiás que enchen de vida, que viven a tope a súa fe e que contaxian. Seguro que coñeces algún/algunha. Seguro que te atopaches con eles e foi así que espertaches dos efectos anestésicos do día a día.

Polo cal aí tes unha posibilidade para saír da anestesia e resucitar. Achégate a eses/esas que están ao teu carón e énchete da súa vida. Escolle ben e fíxate en todo o que fan. Non deixes pasar a oportunidade de contaxiarte do seu ser. Oxalá mediante o contaxio cheguemos a celebrar que Deus está vivo. Porque se esperamos que coas homilías de sempre e coa auga bendita enchamos o mundo de vida e resurrección, estaremos durmindo moitos séculos.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Rumores de Esperanza. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s