Teresa Souto

Cos días máis longos e estas doses máis de luz, agardamos que o espertar das néboas e sombras cale ben fondo. Vimos de celebrar xuntas a resurrección e deberiamos incluíla en todos os aspectos das nosas vidas. No meu contorno tamén celebramos a chegada de dous pícaros novos, en plena Semana Santa e con dous días de diferenza. Naceron traendo alegrías e, hai que dicilo tamén, moito traballiño para as nais e os pais, que xa son expertos, pois xa teñen máis cativos.

Recentemente tamén celebramos o día internacional do pobo xitano; este ano o lema era “Eu non son trapacero”, denunciando que o dicionario da lingua española os estigmatiza ao definilos coma “trapaceros” ou que enganan con falsidades. Na campaña, fíxose un vídeo onde nenos e nenas xitanos buscaban no dicionario a palabra xitano/a e despois a palabra trapacero, e móstranse as súas caras de sorpresa e de indignación; algunha delas di “Este dicionario di mentiras”. Convídovos a velo na internet. Trapacero, en castelán, significa, “o que con astucias, falsidades e mentiras procura enganar a alguén nun asunto”. Isto é o recollido na 23ª edición do dicionario da RAE de outubro do 2014. O camiño debería ser avanzar cara á non discriminación, cara á igualdade de oportunidades reais; e con estas esmeradas revisións das definicións, despois de “escoitar” as queixas dos colectivos, penso que o camiño non é común.

A inclusión da resurrección nas vidas tamén debería conlevar a inclusión real de todos e todas na sociedade.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en O Peto Común (antes de Sto. Antón). Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s