Manoel de Oliveira


O fachineiro do cine

A.Q.

Lin no libro O vendedor de passados –do escritor angolano José Eduardo Agualusa- que estaba un vello celebrando o seu centenario e ao lle preguntaren como se sentía respondeu “non sei ben; aconteceu todo demasiado rápido”. Algo semellante lle debeu ocorrer a Manoel de Oliveira, ata hai dúas semanas o realizador en activo máis lonxevo da historia do cine. El mesmo é historia do cine (pasou do mudo ao sonoro e do branco e negro á cor) e se en lugar de nacer no Porto viñese ao mundo en, por exemplo, San Francisco, o seu óbito había ocupar ben máis espazo que a discreta noticia da súa morte. O seu cine non é para todo o mundo e os mesmos portugueses están divididos entre os que gustan e foxen da súa filmografía. Neste caso sería aplicable a pregunta “a ti gústache o cine ou as películas americanas?” Porque son cousas distintas. Oliveira, palma de ouro en Cannes hai sete anos, dixo que el medrara co cine e que o cine o fixera medrar. Tamén Santiago o recoñeceu co premio Cineuropa no ano 2003. Alí subiu el, todo rufo, ao escenario do Teatro Principal a agradecer o agasallo. Nese mesmo escenario, púidose ver a súa última obra hai só cinco meses: O vello do restelo. As súas películas son un recoñecemento ao poder da palabra. É unha boa ocasión para verlle algunha.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en O fachineiro coas etiquetas , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s