De viños


Pedro Pedrouzo Devesa

Hai uns días achegámonos ata o embarcadoiro de Doade para dar un paseo polo río Sil. Viñamos de estar nunha desas heroicas (e moi rendibles) adegas que reconstruíron terrazas imposibles, recuperando varias das uvas que se poden considerar propias deste país. E iso que durante moitos anos desapareceran practicamente das terrazas ribeirás. Godello, Treixadura, Mencía, Merenzao ou Caíño son nomes que, arestora, comezan a ser tremendamente populares entre os amantes do viño galego, sexa branco ou tinto, pero que puideron ter peor sorte.

Realmente sorprende que uvas que están trunfando en tantísimos certames internacionais fosen desbotadas e algunhas case exterminadas hai anos por pouco produtivas. Non son uvas das que saia moito viño, pero si teñen un sabor moi especial.

E aínda que ben é certo que a produtividade doutras uvas permitiu a moitas familias numerosas vivir durante uns anos nos que a abundancia non abundaba, si que nos podemos alegrar de que estas uvas se recuperasen de forma tan activa grazas a xeneralizar a abundancia, ou a repartir a riqueza, que é outra forma de dicir o mesmo.

De todas formas, asombra a cantidade de abas desertas a ambas beiras do Sil das que, polo visto, se descoñecen os propietarios, algo que realmente dificulta (aínda máis) o crecemento nunha zona  xa difícil de seu.

As fragas que se asentaron maiormente nas terrazas da beira ourensá son unha paisaxe fermosa pero tamén desoladora, polo que significan de deserto humano no que se converte,  paso a paso, pero irremediablemente, o noso campo galego. E aínda que o Sil parece que busca reverter a tendencia, seguen sendo demasiadas as dificultades coas que se encontra.

O pequeno é fermoso, pero o parcelismo é un mal endémico do agro galego que segue condenando a demasiadas xeracións a buscar sorte noutra terra na que se lles aprecie con máis intensidade que aquí. Porque seguimos despoboándonos. Seguen marchando aqueles que poden facer mudar a nosa situación. E a culpa non sempre é dos políticos.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Economía. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s