Vivimos nun tempo curioso. A crise estanos facendo máis críticos, e non só criticamos senón que tamén nos organizamos para que se escoiten as voces. É o caso da Rede galega contra a pobreza, que reúne 126 ONG que loitan contra a pobreza.

O feito de que se unan tantas ONG xa é motivo de ledicia, pero esta rede está a organizar a campaña #pobreza24m, na cal lles piden aos candidatos que se presenten ás municipais un compromiso serio e concreto contra a pobreza. Este compromiso ten como obxectivo reducir nun 15% a porcentaxe de xente en risco de exclusión social nos municipios nos que o candidato chegue a gobernar. Tamén se comprometería o candidato a investir 110 euros por habitante e ano en políticas de promoción social. Boa e resucitadora nova. Tes a información en pobreza.gal. e aí poderás saber quen vai asinando o compromiso, como vai a iniciativa no teu concello…

Outra boa nova é a apertura en Santiago de Numax. Unha sala de cine nova pensada ao cinema alternativo. No tempo no que se pechan as salas que ofrecen cultura, a apertura de algo cooperativo, alternativo e cultural é unha boísima noticia. Parabéns aos impulsores da iniciativa e toda a sorte desta travesía. Oxalá medre o exemplo e axiña haxa toda unha lexión de iniciativas culturais autoxestionadas, cooperativas e creativas.

Cando leas isto, desexo que resucitases. Se non é así, a que esperas?

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Rumores de Esperanza. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s