A síndrome da cabra da miña veciña


A.Q.

O fachineiro da cultura

Pouco importa que o sector cultural teña máis traballadores ca o naval que constitúa o 3% do noso PIB, que medre máis ca o resto da economía, que se proxecte a través da nosa lingua. Sempre hai escusas para desprestixialo, para restarlle mérito. O que ocorre no sector cultural é un reflexo do lingüístico, e cando se unen os dous, saímos dun souto para meterse noutro. É o esquema mental do complexo de inferioridade, de quen pensa que a cabra da miña veciña dá máis leite ca a miña. Cando hai unhas semanas se propuxo poñer o nome de Lois Pereiro á casa da Cultura de Monforte -cidade onde viviu o poeta- houbo un grupo municipal que se opuxo porque iso “divide a cidade”. E cal era a proposta dese grupo municipal e que, por suposto, a argumentaba en castelán. Pois poñerlle o nome de Conde de Lemos. Se este fachineiro fose desconfiado, que non o é, diría que querían recoñecer ao VII Conde de Lemos unicamente como mecenas da segunda parte de El Quijote pero non a persoa que loitou polos dereitos do Reino de Galicia. Para recoñecer o valor de Pereiro xa temos os murcianos, que o han facer ben.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en O fachineiro coas etiquetas , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s