Toneladas de xenerosidade


No centro, Alfonso Blanco, na Festa do Lume deste ano.

No centro, Alfonso Blanco, na Festa do Lume deste ano.

Daniel López Muñoz

Notará a atenta lectora e o despistado lector que esta semana a Peneira, esa sección de concentrada información sobre case todo o que vai tecendo un pequeno gran país como Galicia, cambia lixeiramente o seu estilo xenuíno. Un equipo de prescincibles fixémonos cargo de substituír a un imprescindible.

Alfonso Blanco Torrado, Alfonsiño de Guitiriz, o crego de Parga (entre outras), o descubridor de Díaz Castro, o motor de Xermolos, do festival de Pardiñas (e de tantas cousas), é, ademais, redactor de Irimia desde a súa fundación. Trinta e pico anos de gratuidade inmensa, sen fallo. Xuntando datos –toneladas, participantes, hectáreas…- difundindo e sensibilizando. E o máis importante –para esta teimuda iniciativa – encargándose de dúas páxinas desta revista, así, como quen non quere a cousa, de remanguillé, sempre dando, sempre aí. Sólido.

Alfonso está hospitalizado. E agora que xa se sabe, xa volo podemos contar. Tiveron que levalo de urxencia polos efectos colatareis da xenerosidade, da confianza, da aposta polos febles. Pola inevitable cruz que trae iso de ser-para-os-demais, …por máis que nos faga realmente felices, por máis que sexa o truco xenial da felicidade. Éche o misterio misterioso da semente que se enterra, do dando recíbese, do primeiro que é o último, dos amoriños de nai, da vella sabedoría.

Contan que un veciño que ten problemas coas drogas o quixo envelenar. Seguro que non. Sería unha manobra desesperada, para adurmiñalo e facerse cos cartos, co coche. Sería o que sería e foi o que foi, iso que ten vivir sen medo e achegarse ao inferno que viven certas persoas.

Xa o dicía, mira ti, como tantas veces dando na clave e anticipándose, o mesmo Alfonso, concretamente no número 181 de Irimia, no ano 1985, e xa choveu: “O consumo de drogas segue medrando… e un dos mellores negocios segue sendo a cocaína. Decatádevos: o traballar un terzo de hectárea nos Andes para que dea trescentos quilos de folla de coca, só custa 20.000 ptas; pois ben esas follas convértense en tres quilos de cocaína, que para o fabricante son vinte ou trinta mil millóns de pesetas, que van pagando moita xente inocente o colgada”.

Pois si, Alfonso, éche así. E agora, déixate querer unha tempadiña.

(Pero despois retoma a Peneira, por favor!)

Advertisements
Estas entrada foi publicada en O Trasno coas etiquetas , , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s