Relixión, escola e outras cousas


Coa publicación dos contidos da nova materia de relixión na LOMCE volveron as vellas e mal cerradas polémicas.

A escola debe ser un espello da pluralidade e un lugar de aprendizaxe do respecto ás conviccións do outro. A forma na que as democracias avanzadas procuran ese respecto e convivencia dos plurais chámase laicidade do espazo público. E escola pública é relixiosamente neutral. Certamente que a relixión forma parte da cultura e da vida e merece ser explicada e entendida. A ignorancia sobre a relixión é un triste sinal dos tempos. Igual que a ignorancia sobre tantos aspectos do proceso de humanización e os fundamentos da cultura.

Non ten sentido a teima en converter a fe, a vivencia crente da realidade e a expresión oracional desa fe nun contido avaliable á par das matemáticas e a lingua. Tampouco non ten sentido o cabreo de científicos falando do intrusismo. Probablemente sexa tan difícil demostrar cientificamente a inexistencia de Deus como a súa existencia. Pero esa non é a cuestión. Non se debate a cientificidade da relixión, porque a relixión móvese noutra esfera e porque a propia ciencia debería coidarse moito de converterse nunha relixión de reposto. A ciencia, ciencia é, nin menos nin máis. Saben todos os científicos que é compatible nun cristián adulto de hoxe ser evolucionista e crente? Explicar as claves desa compatibilidade, por exemplo, é un desafío interesante para o que, moito tememos, non están preparados bastantes docentes de relixión con beizón episcopal.
O debate seguirá aberto. Pero hai límites. Un deles, que parecía aceptado, diga o que dixer o concordato, é que o ensino da relixión no sistema público de educación debe ser diferente ao dunha catequese que inicia na práctica da relixión. Pódese explicar a visión crente e confesante, mesmo desde dentro, pódese explicar en comparación con outras relixións ou humanismos, pódense explorar experiencias de persoas crentes, e mesmo poderían avaliarse certos coñecementos… Pero non conviccións, como a de “recoñecer con asombro a orixe divina do cosmos”.
Explicar boa teoloxía non é catequizar, pero quen reciba esa boa teoloxía, de acordo co seu momento interior, pode utilizala para construír o seu propio relato de persoa crente. Ou, se polo que for, se sente mellor recoñecéndose como non crente, saberá cando menos boa teoloxía. Isto vale tamén para os escolares.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Editorial. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s