As CCP denuncian o Tratado de Libre Comercio entre a Unión Europea e Estados Unidos


Comunidades Cristiás Populares do Estado Español

O tratado de libre comercio entre a Unión Europea e Estados Unidos (coñecido popularmente polas súas siglas TTIP) estase a negociar con nocturnidade e aleivosía. O Tratado é, unha especie de “Constitución das Multinacionais”, e se no seu día xa dixemos NON a esa Constitución Europea, hoxe, dende as Comunidades Cristiás Populares tamén dicimos NON a este tratado porque recorta dereitos e liberdades á cidadanía -e aos Estados- entregándoos con total impunidade aos grandes lobbies corporativos das empresas transnacionais.

Unha descarada liberalización dos mercados, unha perversa desregulación de dereitos dos consumidores xa adquiridos, a enorme perda do emprego en tempos de crise, a destrución do medio ambiente ou a posibilidade de que grandes multinacionais poidan demandar aos estados limitándose os seus beneficios, son algunhas das barbaridades máis graves que se están a negociar en segredo con este tratado internacional.

A entrega ao capitalismo máis brutal que supón o TTIP afectaría a campos tan cotiáns como a alimentación, (onde entrarían produtos que agora están prohibidos, como os transxénicos ou o clembuterol), o emprego (que aínda que non o digan supoñería a destrución de ata un millón de contratos), a ecoloxía (co estrago de terras que carrexará o fracking), a farmacia (dobrando a validez das patentes e autorizándoos á práctica liberalización de prezos), a cosmética (onde se homologarían máis de 1300 substancias prohibidas na UE), ou a privacidade (xa que o tratamento dos datos persoais podería estar en mans das transnacionais).

Dende as CCP do estado español non podemos calar perante este atropelo que conta coa complicidade da maioría dos nosos europarlamentarios/as (aínda que xusto é recoñecer a clara oposición dos deputados integrados no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea). Por iso esixímoslles que informen ao pobo que lles votou e ao que din representar e pedímoslles que se neguen a aprobar este tratado, solicitando en contra, un referendo consultivo, para que sexa a poboación afectada quen poida decidir sobre as terribles consecuencias que o TTIP supón.

Denunciamos finalmente a hipocrisía da maioría dos partidos españois que aparentemente se lamentan pero que en maio de 2014 rexeitaron en bloque a petición do grupo da Esquerda Plural e non permitiron nin o debate no noso Parlamento. Os boicoteadores foron tanto o PP, coma o PSOE e foron secundados por CiU, PNV e UPyD. Aínda estamos a tempo de reaccionar ou terémolo en conta nas próximas eleccións.

 

 

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Actualidade. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s