Latín e recortes


A.Q.

O fachineiro da saúde

Persoa non grata en Lugo. Ese é o título máis recente que obtivo a Conselleira de Sanidade. Para que despois digan que o latín non serve para nada. Xa algo dixemos neste humilde fachineiro da ruta do cancro e doutras austeridades practicadas nesa provincia e que converten os tratamentos de radioterapia nun via crucis para os pacientes. Niso estaba profundando cando pola radio se podía oír un anuncio dunha clínica para animais domésticos que ofrece entre outras atencións, os servizos de dermatoloxía e oncoloxía. Non nego que non lles falte razón aos albeites con título se acollen a que higia pecoris salus populi, pero asunto é o de sempre: se un ten cartos poderá dispor da sanidade ad libitum; onda non han ser atendidos aló polas calendas gregas. É coma no conto das Cousas de Castelao que comezaba por un “Se eu fose autor”: os ricos rin da morte da vaca dos pobres; os pobres rin da morte da cadela dos ricos. Indocti discant; et ament meminisse periti: apréndano os ignorantes e lémbreno os entendidos. Eis un bo lema para época electoral.

 

Advertisements
Esta entrada foi publicada en O fachineiro. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s