De cómo querían furtar o debate sobre o noso futuro


Ver https://www.youtube.com/watch?v=zaWFbyIbE6I&feature=youtu.be

Ver este vídeo da CIG

Daniel López Muñoz

Unha boa parte do futuro de Galicia e de Europa en xeral, do estado social e do noso territorio rural, estivo e está discutíndose de costas á xente, á prensa e aos parlamentos que supostamente deberían estar ao tanto e centrados nestas cuestións. Na portada do número anterior aparecía a deputada Lidia Senra ao pé dun letreiro en contra do TTIP (Asociación transatlántica para o comercio e investimentos), que se estivo negociando con sixilo por altos mandatarios e multinacionais.

Para entender cal é o porto de chegada desa sinistra travesía é mellor poñer exemplos de cousas que xa pasan –polo inmenso “empoderamento” das grandes corporacións fronte ás institucións públicas-, cousas que o tratado de marras pretende que se estendan a Europa e que, por certo, farían as delicias dos privatizadores entusiastas, eses que están na prensa e na televisión, enleados con áticos na costa do sol que lles facilitan xestores de fondos privados de paraísos fiscais a cambio de eu-que-sei-que ti-non-imaxines.

Cousas como que Philip Morris reclame indemnizacións milmillonarias ao goberno de Australia por prohibir a publicidade de tabaco ou ao goberno de Uruguai por obrigar a poñer fotos nos paquetes de tabaco de persoas doentes por culpa do hábito de fumar. Ou que a norteamericana Occidental Petroleum Corporation reclame ao Ecuador 1.700 millóns por rescindirlles un contrato por violación da normativa medio ambiental.

Unha vez máis a reacción desde abaixo pon luz nas tebras. 375 colectivos da sociedade civil de toda Europa esixiron ao Parlamento Europeo que defenda a cidadanía ante a ameaza do tratado. Un tratado que relaxa as normas aprobadas pola soberanía popular europea ao longo de anos de democracia: sobre requisitos de calidade alimentaria, sobre dereitos dos traballadores e traballadoras, protección da saúde, do medio natural, dos servizos públicos que igualan e dan cohesión social.

Sacralizar o mercado a toda costa e sen reparar nas consecuencias na nova relixión – dogmática onde as haxa- éche o que ten, que leva por diante o interese xeral e os intereses “desprezables” de quen non senta na mesa de Epulón: o equilibro ambiental, a sanidade dos pobres, a educación para todos e todas, as culturas diversas, a pequena produción campesiña, os servizos sociais e a loita contra a pobreza. Todo o que paga a pena e polo que estamos aquí.

Ver vídeo ilustrativo ofrecido pola CIG en https://www.youtube.com/watch?v=zaWFbyIbE6I&feature=youtu.be

Advertisements
Esta entrada foi publicada en O Trasno. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s