Atopei estes días nun blogue brasileiro dun xesuíta unha serie de oracións feitas por nenos que polo visto publicaron no xornal italiano Il Corriere della Sera. Escríboche algunhas para que sorrías.

Querido neno Xesús, graciñas polo irmanciño pero, de verdade, eu rezara para ter un cachorro.”

Querido Xesús, por que non inventaches ningún animal novo nos últimos tempos? A xente ve sempre os mesmos.

Querido Xesús, por favor, pon unhas poucas festas máis entre o Nadal e a Pascua. No medio, agora non hai nada!

Querido Xesús, o padre Mario é o teu amigo ou coñécelo só do traballo?.”

Querido neno Xesús, por favor, mándame un cachorriño. Eu nunca pedín nada antes; podes comprobalo.”

Querido Xesús, se cadra Caín e Abel non se matasen se tivesen un cuarto para cada un. Co meu irmán funciona.

Querido Xesús, gústame moito o Noso Pai. Escribiches todo dunha soa vez, ou tiveches que facelo aos poucos? Calquera cousa que eu escribo teño que refacela unha morea de veces.”

Querido Xesús, nós estudamos na escola que Thomas Edison inventou a luz. Mais no catecismo di que fuches ti. Para min que che roubou a túa idea.

Querido Xesús, en vez de facer as persoas que morran e crear outras novas, por que non quedas coas que tes?”

Querido Xesús, ti es invisible ou é un truco?”

Querido Xesús, a xirafa queríala así ou foi un accidente?”

Por certo, hai canto que non rezas con confianza e humildade?

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Rumores de Esperanza. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s