Rubén Aramburu

Corren malos tempos para as parroquias, sobre todo no noso rural. Hai igrexas que só abren as portas para o día da festa ou para algún enterro. Quedan poucos cregos e van vellos, xa se fala de especie en perigo de extinción. Fálase de reagrupacións pastorais, sen contar que a nosa xente non está moito por ir á misa a outra parroquia, a non ser por un funeral de alguén coñecido.

En Galicia o cristianismo enraizou sobre un chan de ritos que perviven, mais non conducen a unha fe no Evanxeo e a súa vertente ética. A vida dos santos patróns das parroquias é descoñecida ou ignorada polos veciños, non conta que fosen cristiáns de Xesús, ou mártires… Conta que sexan sandadores, mediadores ante o ben ou o mal. Os santos, en moitos lugares, son substitutos de crenzas antigas, de ritos, maxias…

Non se crearon comunidades cristiás. Na misa do domingo poden estar presentes familias que non se falan en anos, veciños que se odian e lles fan a vida imposible aos outros, caciques ruíns que asoballan os máis febles… Todos en comuñón… durante o rito. Falta a auténtica vida comunitaria, a fe no Xesús itinerante de cea en cea, de casa en casa.

Penso que se hai futuro ten que pasar por crear pequenos grupos “interparroquiais”, dez, quince persoas que se enchoupen co Evanxeo, que fagan proxecto comunitario, non só de liturxias, senón tamén de compromisos, loitas, proxectos.

Manuel Cadaba Castro, xesuíta e ilustre profesor, vén de presentar un libro sobre o padre Seixas, creador e animador da Comunidade de Vida Cristiá na cidade de Vigo, impulsor tamén do grupo Vangarda Obreira na Coruña. Naceron nos anos 60 e continúan. E son exemplo de vida comunitaria, de entrega de fe.

E non sería posible recrear estas realidades a nivel de parroquias, arciprestados… auténticas comunidades orantes, mergulladas na Palabra, transformadoras da realidade social, críticas…?

Paga a pena a lectura “O PADRE SEIXAS DESDE DENTRO” (Ed. SEPT), e deixemos que os mortos enterren aos mortos.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en O Peto Común (antes de Sto. Antón). Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s