De que ri exactamente, señor alcalde?


Daniel López

Non dabamos creto pero alí estaba El, no telexornal, rodeado de secundarios que rían as súas ocorrencias, como nun número de Land Róber sobre o pailanismo do grelo municipal. E así, sen traza de ridículo, sen asomo de dúbida, con aire de celebración e vitoria, no seu cómico idioma, case que a gargalladas:el barcu mas bonitu qui’uno puêde poner está allí ocupandu el sitiu…jeje, pero además lu ve toda España. Fíjese lo cacabamos de conseguir; qu’el barcu más bonitu dal mundo haya sidu visto por toda España, je,je, je…… e je”.

Pero que celebraba exactamente, cabaleiro? De que pode estar tan fachendoso? A que vén tanto jeje? Repasemos, a ver.

Je, je primeiro. Un alcalde non debe celebrar un gol que lle mete aos veciños e veciñas dun barrio pola forza, con axuda do árbitro e da policía. Pois vaia merda, dispensando, de celebración, que cousa máis repugnante (pois repugna á intelixencia a ao sentido democrático). Triste orgullo para un alcalde o de vencer os veciños. Mesmo se só fosen dous centos, ou vinte, ou dez. Rir deles, tal que así, dos seus vencidos. Que valente! Que fibra moral, mi madriña!

Segundo jeje. Un alcalde non debe celebrar, na cidade galega máis abatida pola crise (non hai máis que ver as estatísticas da RISGA), que venza a razón do estrambote decorativo e o gasto innecesario para a posteridade –a súa- , sobre a razón social e o instinto veciñal solidario. É un disparate, o socialismo inverso, unha caterpillar pisando flores e soños. Pero que entrañas demostra esa mofa?

Terceiro jeje. Nunca pode resultar divertida, senón amarga, esa vitoria porque, ademais, lógrase contra o principio democrático. El non ten a maioría absoluta e no pleno municipal votárase en contra dese proxecto. Onde está a graza? Que caste de casta temos? Como pode El burlarse dos veciños que si representaban a vontade maioritaria da corporación municipal?

Cuarto jeje. Un alcalde non pode rir da derrota da organización veciñal, da participación activa, da conciencia social e cidadá… Non pode alegrarse –nin en segredo- de que a asociación, a parroquia (do Cristo da Aparente Derrota), a oficina de dereitos sociais, o barrio tecido de solidariedades pequenas pero heroicas, todo iso, perda unha soa batalla.

Porque a Vitoria non é súa. Só son seus os jejes da soberbia sen razón, nin corazón.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en O Trasno coas etiquetas , , , , , , , , , , . Ligazón permanente.

One Response to De que ri exactamente, señor alcalde?

  1. Pingback: [Vigo] De que ri exactamente, señor alcalde? | abordaxe

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s