Noveno


O fachineiro do cómic

A.Q.

O ilustrador Kiko da Silva creou hai uns anos en Pontevedra O garaxe hermético, como ben sabe o atento lectorado desta sección e máis da entrevista que publicou Irimia. Trátase dunha escola profesional de banda deseñada que constitúe un centro de referencia a nivel estatal e por onde pasan as mellores mans desta arte. Por poñermos un exemplo recente, a última clase maxistral impartiuna Emma Ríos, unha rara avis de éxito nun mundo no que os homes son maioría. Unha das liñas na que ten moito que facer a nosa cultura é a creación de público novo, e máis no caso do cómic, que é unha arte que ata hai pouco se tiña por creación de segunda división. Por iso é unha boa noticia -tanto para creadores/as como para seguindores/as- a aparición da revista dixital Noveno, no que o alumnado do Garaxe hermético dá a coñecer os seus traballos. Ademais, é de descarga gratuíta, así que, quen queira pode gozar das súas 87 páxinas de balde.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en O fachineiro coas etiquetas , , , , , . Ligazón permanente.

One Response to Noveno

  1. Pingback: Noveno | Aí falaches!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s