Rumores de esperanza (1)Todos educamos. Nunha sociedade como a nosa debemos ter conciencia de que a educación non é exclusiva de ninguén. Nin dos mestres e mestras, nin da familia… De todos os xeitos, os que dedicamos a vida á educación coidamos que moitas veces perdemos o tempo ou falamos para uns seres que nas aulas só fan a fotosíntese. Isto é especialmente significativo cando falamos de valores. Moito dicimos e moito predicamos pero, ao final non vale para nada.

Non foi así no caso de Ryan, un neno de Canadá que, cando tiña seis anos, lle falaron de África e de que alí non chegaba a auga potable a moitas poboacións. El preguntou e dixéronlle que construír un pozo alí valía 70 dólares. Púxose a traballar con pequenos traballos domésticos ata que tivo os 70 dólares e foi onda a ONG que se encargaba diso. Mala noticia, realmente un pozo valía 2000 dólares. Mágoa tanto traballo. Desde logo, os seus pais non estaban dispostos a darlle esa cantidade de cartos por moitos cristais que limpase ou por moitas veces que botase o lixo.

Ryan non se botou atrás e seguiu. Xuntouse con moitos compañeiros que fixeron o mesmo e acadou o pozo no norte de Uganda. Agora xa leva 400.

Ben sei que hai moitas ONG e moita xente boa que fai moitas cousas boas como Ryan. Do que debemos estar seguros é de que todas elas teñen detrás un educador ou unha mestra abríndolles os ollos. Non si?

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Rumores de Esperanza coas etiquetas , , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s