Queremos galego, porque lle queremos ben


O domingo oito de febreiro houbo outra exitosa manifestación do movemento Queremos Galego. A estas alturas non debería ser un tema de confrontación ou rifa aceptar e celebrar o feito de que ter un idioma propio sexa unha regalía e unha responsabilidade. Un idioma coa historia e a bagaxe toda que ten a lingua galega é unha riqueza para todos e todas, un orgullo. E tamén é unha tarefa na que comprometerse, como todo o que paga a pena na vida.

Efectivamente, o obvio, o natural, sería que ese queremos galego, fose un sentir compartido, transversal, en todo o territorio galego, sen diferenza de clase ou condición, de ideoloxía, xénero ou idade.
E, non obstante, iso non é, en absoluto, e por desgraza, un asunto pacífico. E algo ten que ver a fatalidade de que o actual goberno do PP, a diferenza dos anteriores do mesmo partido, rexeitara os consensos logrados, os que deron lugar á Lei e o Plan de Normalización, e comezara a aplicar unha axenda oculta que se diría, xulgada polos efectos que produce, que implica un plan tendente ao galego cero.
Os feitos son máis reveladores que as palabras e fan evidentes as estratexias ocultas, e eses convencementos e prexuízos que son os que mandan na diglosia autonómica. Así, cando unha conselleira de facenda accede ao cargo na Xunta –unha conselleira con evidentes dificultades co galego- sente a obriga e fai o esforzo por expresarse en galego. Pero se esa mesma conselleira é nomeada candidata a alcaldesa de Vigo, inmediatamente séntese dispensada da obriga e volve, aliviada, ao castelán.
A mensaxe implícita, a que entende a xente é que o deber ritual do idioma vale para a Xunta e polo tempo estrito de presenza diante do micrófono, pero que para ser alcaldesa dunha cidade grande non fai falta nin gardar as formas co galego, por moi galega que sexa a cidade. Esa mensaxe enténdea a xente. E con esa mensaxe faise un dano tremendo ao galego. Refórzase e bendícese ese prexuízo fatal que entulla o futuro do idioma: na cidade, en castelán.
E contra o prexuízo reforzado polo poder de nada vale proclamar a “liberdade de elección”.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Editorial coas etiquetas , , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s