Pagar a débeda pública


Pedro Pedrouzo Devesa

Un dos asuntos económicos máis debatidos nos últimos meses está sendo o pagamento da débeda pública: non deixou de subir en España nos últimos anos, e xa está próxima ao 100% do PIB, nivel nunca visto na nosa recente historia económica, debido a que os ingresos públicos ordinarios non financian as nosas necesidades de gasto público, malia os recortes sufridos.
Segundo os orzamentos xerais do Estado, durante 2015 España pagará 35.490 millóns de euros só polos xuros da débeda pública, case cen millóns de euros diarios. Ademais de necesitar unha reforma fiscal que aumente ingresos públicos de forma inminente, está claro que esa carga débese renegociar cos acredores.
Renegociar significa aplicar quitas ou recortes ao total da débeda e ampliar os prazos de vencemento para poder dedicar ese diñeiro a reflotar a nosa economía, que segue esmorecendo con insuficientes (e lentos) signos de recuperación. De aí que non sexa unha idea tan extravagante, senón máis ben necesaria, e avalada por numerosos economistas.
Pero con iso non rematan os problemas.
O avarismo público segue sendo o auténtico andazo da nosa economía, que non se pode recuperar mentres non teña os medios económicos necesarios para facelo. As economías necesitan de diñeiro, de billetes impresos, para crecer; é o que se chama a base monetaria. A súa escaseza dificulta o comercio e polo tanto o emprego. De aí o recente compromiso do Banco Central Europeo de aumentar a base monetaria europea comprando débeda pública aos seus Estados membros por valor de 1,4 billóns de euros de aquí a setembro de 2016. Un dos efectos positivos desta medida é que evita que os estados compitan cos particulares na demanda de créditos. Cando o BCE aumenta a base monetaria, introduce máis diñeiro no mercado, e faino comprando débeda pública aos gobernos dos países que a emiten, co diñeiro que recibe o goberno aumenta o gasto público, e polo tanto pasa a haber máis diñeiro para prestar, e este será máis barato.
Dúas son as tachas que se lle deben poñer a esta medida: a primeira, a súa posible insuficiencia, pois non parece esa a cifra necesaria para impulsar a economía europea e poder financiar aos estados europeos máis deficitarios que, aparte de ser motores económicos dos seus respectivos países, deben asumir os seus compromisos sociais e sanitarios, afrontando en positivo amargas polémicas, como a do pagamento da vacina da hepatite C. A España tocaralle no reparto un máximo de 138.000 millóns de euros.
A segunda, a escasa mutualización europea da débeda. Que significa iso? Que os créditos que piden os gobernos non están avalados ao 100% polo Banco Central Europeo. O BCE só avala o 20% e o 80% restante vaino avalar cada país, tendo que ser este o que afronte o seu posible impagamento. Algo que parece normal (que cada país se responsabilice en última instancia da súa débeda), porén cobra neste momento un significado non tan positivo, debido ao papel que lle correspondería facer á Unión Europea apoiando aos países en depresión. Que Europa non avale a nova débeda dos países neste momento dificulta a saída da crise. Mentres Europa non avale esa débeda, a varios países europeos so lles quedará adiar parte da súa débeda pública se queren saír da recesión.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Economía coas etiquetas , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s