Grecia: o dereito á esperanza


O pobo grego votou contra a depresión. Non xa contra a depresión económica, senón, sobre todo, contra a depresión psíquica, ese sentírense sen saída, sen remedio.

Grecia, dentro do Euro e da Unión, non é, non pode ser, un problema exclusivamente grego. No seu momento fallaron os mecanismos de supervisión e un goberno de dereitas falseou as contas públicas, todo manipulado polo banco de investimento norteamericano Golman Sachs, que maqueou os números para que cumpriran os criterios de Maastricht. Coincide entón que estoupa a gran burbulla e pilla os gregos no peor momento: próximos á bancarrota e incapaces de devolverlles os cartos aos prestamistas, entre eles, os bancos alemáns, que prestaron como quen realiza un investimento substancioso, …e todo investimento implica asumir un risco.

Unha vez que toma o control a Alemaña de Merkel –apoiada, evidentemente, nun eleitorado que non mira con simpatía o dereito dos “preguiceiros”sureños a un bo vivir- ábrese o gran debate sobre que debe pesar máis: o dereito dos bancos a cobrar todo e xa ou o dereito da xente a ter unha vida minimamente digna e “europea”.

Dar prioridade aos bancos implicou os rescates. E son rescates imposibles, novos préstamos que, aínda que melloren os xuros, incrementan os números vermellos do país. E fano a base de reducir os gastos, a actividade económica, as pensións, os salarios…, todo. E así realiméntase o círculo vicioso dunha Grecia máis deprimida e máis incapaz de devolvelo todo e xa. Con ese paro e esa débeda non hai futuro. Por onde comezar?

Merkel ten que estarlle agradecida a Siriza. Porque aquela dinámica imposible hai que rompela. Porque gobernando os seus colegas conservadores gregos, obrigados polos dogmas do Bundesbank, a Unión Europea non tería coartada para cambiar o paso. Agora pode ser o momento. Hai que sentarse e renegociar, reprogramar. Prazos distintos e factibles. Diálogo. Medidas de impulso da actividade. Medidas fiscais extraordinarias que favorezan un reparto realmente proporcional das cargas.   Grecia non pode ela soa, igual que non podía a Alemaña destruída da posguerra.

Agora é o momento da gran política europea, de volver gañar a lexitimidade perdida. E Merkel, máis tarde ou máis cedo, terá que explicarllo ao seu electorado.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Editorial coas etiquetas , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s