Documentais necesarios


A.Q.

O fachineiro da memoria

Daría risa, se non metese medo, ese líder neonazi alemán lucindo peiteado e mostacho hitleriano nas redes sociais, o mesmiño que se referiu aos inmigrantes coma gando. A memoria é fráxil, sobre todo para quen nunca tivo neuronas onde retela. Por esta razón e porque a nosa presidenta Merkel, os do Fondo Monetario Internacional e a troika andan moi preocupados por Siriza pero nadiña por Le Pen, o UKIP ou o goberno húngaro, para dar só uns exemplos de extrema dereita na UE, cómpre lembrar. Así é que son ben necesarios dous documentais que conmemoran os 70 anos do final da II Guerra Mundial. O primeiro que queremos recomendar é A noite caerá, que inclúe imaxes reais no campo de concentración de Bergen Belsen, un deses lugares nos que algúns non crían naquel tempo -e por iso houbo a precaución de os filmar- e outros se empeñan agora en negar. O outro titúlase O home decente, unha biografía de Himmler, (o brazo dereito de Hitler) a través de obxectos cotiáns e diarios do personaxe. Arrepía a imaxe que tiña de si mesmo, a dun bo home que, iso si, dedicaba a xornada laboral a poñer en funcionamento os campos da “solución final”.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en O fachineiro. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s