Andar coa xente


Manuel Regal Ledo

Cada un é como é. Eu, por afección e gusto, e por responder a demandas da xente que me coñece, dedícolle bastante tempo a ler cousas –máis ben cousas miúdas, é certo-, atender os correos, escribir, ofrecer materiais. Hai xente que me di que ben deita das cousas que escribo para soster a súa fe, e a min iso compráceme, claro, pero ao tempo non deixa de preocuparme, xa que é incomparablemente maior o tempo que paso diante dun ordenador do que estou coa xente, visitándoa, conversando con ela, coñecendo de preto a súa vida, os seus problemas, etc., e iso coido que non está ben. Fago promesas de cambio, pero sempre volvo ás mesmas.

Andando eu nestas, tiven a sorte de ler unha breve pero saborosa entrevista que na revista Mundo Negro lle fixeron o arcebispo de Tánxer, o franciscano Santiago Agrelo, galego, coido que ben coñecido noso. Fixádevos o que di: “Sempre fun moi ortodoxo e moi conservador –coido que aínda o son-, e iso facíame centrarme na doutrina, no pensamento… Marrocos axudoume a centrarme no home. No home como destino, principio e fin do Evanxeo.” E segue con outras cousas fermosas. Onde di “home”, hai que entender, xaora, “ser humano”, sexa home ou muller.

Eu penso que nin son moi ortodoxo, nin moi conservador, polo menos tal como se entenden normalmente eses termos, e niso, logo, non me imito ao arcebispo de Tánxer. Pero estou totalmente convencido de que os debates ideolóxicos, sexa encol de doutrinas divinas ou humanas, tenden a quedar na esfera preciosista, pero estéril abondo, do pensamento, e normalmente non provocan demasiado ao cambio, á solidariedade, á implicación eclesial ou social. O contacto coa xente, si; o contacto coa xente, co pobo máis frouxo e derreado, máis aínda.

Moito me gustou ver que Santiago Agrelo o estaba experimentando. Xa o experimentara tamén aqueloutro arcebispo Óscar Romero, a quen os pobres o fixeron mártir do evanxeo; sendo abondo conservador, disque, a xente pobre abriuno á humilde audacia do Evanxeo. Andamos en tempos rexos. Dísenos que hai que volver ao Evanxeo, a Xesús. E Xesús non para de nos dicir que na xente máis ferida pola vida é onde mellor o podemos atopar. Así que, se algunha vez deixades de ver as miñas andrómenas por aquí ou por alí, poida que morrese, pero poda tamén que me decidise, por fin, a facerlle caso a Santiago Agrelo, a Óscar Romero, a Xesús de Nazaré. Non vos asustedes.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en O Peto Común (antes de Sto. Antón). Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s