Hoxe vou contar un conto. Había unha nena duns tres anos que durmía ben todas as noites. Unha noite espertou alporizada, dando uns berros arrepiantes. Seica na súa habitación había un horrible monstro. O pai e máis a nai calmárona e a nena volveu durmir. Á media hora repetiuse a escena.

Pasaban os días e a situación repetíase. Cada pouco, a nena espertaba berrando e falando de horribles monstros. Probaron todo, psicólogos, agasallos, médicos… A nena non durmía e os sufridos pais tampouco, xa que o único que calmaba a pícara eran os mecos de papá e mamá. Ata que unha vella da familia lles regalou aos pais unha fermosa caixa baleira. Díxolles:

– Enchede a caixa de bicos. Cando os monstros cheguen á habitación da pequecha, só terá que abrir a caixa e coller uns bicos.

Os pais non creron moito na vella, pero como non tiñan nada mellor, probaron. Falaron coa súa filla e dixéronlle:

– Filla, agora imos encher esta caixa de bicos nosos. Cada vez que de noite veñan os monstros, ti abres a caixa e colles todos os bicos que queiras, ata que marchen os monstros.

O resto da historia xa o sabedes. A nena durmiu, os pais tamén e os monstros de cando en vez volven, pero agora a nena sabe como combatelos. Velaí o misterio da fe, non si?

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Rumores de Esperanza. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s