Represión e violencia contra a veciñanza de COIA


José Antonio Martínez

portadaEstamos a vivir tempos convulsos. A crise económica que vivimos, froito das políticas neoliberais e da busca do lucro exarcebado, con prácticas puramente especulativas, levou a pobreza a un grande número de persoas. A tan publicitada saída da crise, baseada na lectura de datos macroeconómicos, non pode ocultar o que se observa na rúa, é que refrendan os propios datos dos organismos internacionais: España é o Estado onde máis medrou a desigualdade, sitúandose no segundo posto da desigualdade social dentro da UE, só superada por Letonia. A diminución dos ingresos por salarios da grande maioría da poboación, debido ao aumento desemprego, á “flexibilidade” laboral e ás medidas de competitividade baseadas redución xeneralizada de salarios, explica que se disparasen as desigualdades de renda en España.

O empobrecemento xeneralizado e a escaseza de perspectivas fixo que se disparasen as protestas sociais. A proliferación de casos de corrupción política que se destaparon nos últimos anos non fixo máis que aumentar a indignación social. As protestas multiplícanse e con elas, a represión policial, agora amparada na nova Lei de Seguridade Cidadá, aprobada polo PP en decembro, e que supón un claro e denunciable recorte das liberdades cívicas no noso país.

O que vén de acontecer en Vigo, e que afecta directamente a membros da comunidade eclesial da parroquia de Cristo da Victoria, mostra que cómpre denunciarmos contundentemente as inxustizas “que claman contra o ceo”. Unha comunidade que se une para protestar contra o derroche que supón a colocación decorativa dun barco nunha rotonda, nun barrio onde a crise golpeu duramente e moitas familias viven en situación de pobreza. Un goberno local, co alcalde Abel Caballero á cabeza, que utiliza todos os medios para desacreditar e descualificar antes quen reclaman xustiza social e que manda á policía local fronte ás manifestacións pacíficas. E un persoal das forzas de seguridade, neste caso policía local, que acusa aos manifestantes de usar a violencia, cando é mentira. Coia, como antes foran os preferentistas, ou representantes sindicais, mostran que desta crise saímos con máis desigualdade e que o Estado, en vez de garantir a xustiza social, exerce a represión. É a nosa responsabilidade denunciar e mudar esta realidade.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Actualidade coas etiquetas , , , , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s